FREIRE CHICO, S.L. é unha empresa de restauración dirixida a colectividades, a súa misión principal é a de elaborar produtos alimentares seguros, equilibrados, saborosos e rendibles, dirixidos a individuos e colectivos , e inxeridos no marco cultural do público ao que se dirixen. Para elo, a organización ten implementado un Sistema de Xestión de Calidade, segundo os requisitos establecidos na norma UNE-EN-ISO 9001:2015.

    Os servizos prestados por FREIRE CHICO, S.L. realízanse de acordo cunha política de calidade que se concreta en obxectivos coherentes con aquela, e que está suxeita á revisión e mellora contínua. Para elo, o Sistema de Xestión de Calidade, sempre orientado á satisfacción das necesidades e expectativas dos seu clientes e usuarios, actúa como marco de referencia para o establecemento e revisión dos citados obxectivos.

    A Dirección de FREIRE CHICO, S.L. está comprometida co cumprimento dos requisitos que poidan afectar ao o funcionamento do centro, xa sexan de carácter legal, dos clientes ou propios da esixencias da norma de referencia UNE-EN-ISO 9001:2015 pola que se implanta o Sistema de Xestión de Calidade.

    Esta Política de calidade, ten sido comunicada a todo o persoal da organización, e todo o persoal a comprende e asume.

     

    A Dirección. 

    En Santiago de Compostela, a 10 de xullo de 2017