Trátase do servizo de xestión integral do proceso de elaboración de comidas nas  instalacións do  noso cliente. Este servizo inclúe as seguintes tarefas:

  1. Planificación e deseño dos  menús diarios polo departamento de nutrición
  2. Achega de persoal cualificado para as funcións contratadas
  3. Xestión do  aprovisionamento de materias primas
  4. Limpeza  das  instalacións  obxecto do contrato e hixienización de útiles de traballo
  5. Control e  seguimento da  calidade do servizo
  6. Control por laboratorio independente  da  calidade alimentaria mediante a realización de análise periódica de mostras de produción.
  7. Elaboración inclusive, de menús personalizados para casos con necesidades nutricionais específicas para o que se establece un protocolo que, caso de ser contratada a empresa, se xuntaría á proposta de contrato.

 

Nesta liña de negocio  Airas Cátering goza dunha  ampla experiencia como o avala o  feito de ser concesionaria desde o ano 2009 de Escolas Infantís pertencentes á rede  “A Galiña Azul”, dependentes do Consorcio Galego de Servizos de  Igualdade e Benestar,  e xestionar na actualidade a totalidade da Rede de Escolas Infantís de Galicia con 97 destes centros, baixo  a nosa responsabilidade.