Trátase  do servizo de xestión integral do proceso de elaboración de comidas nas nosas cociñas centrais e a entrega posterior nas instalacións do o noso cliente. Este servizo inclúe as seguintes tarefas:

 

  1. Planificación e deseño dos  menús diarios polo departamento de nutrición
  2. Xestión do  aprovisionamento de materias primas
  3. Elaboración diaria dos menús en liña quente nas nosas cociñas centrais
  4. Transporte de menús en colectores isotérmicos e vehículos aptos para o transporte alimentario até o punto de entrega definido polo cliente e cumprimento exhaustivo do definido pola lei vixente nesta materia, (entrega con temperatura superior a 65º, hixienización de vehículos, trazabilidade)
  5. Etiquetaxe de menús de acordo co protocolo de APPCC e sistema de calidade da empresa garantindo en todo momento a perfecta trazabilidade do produto elaborado.
  6. Control e  seguimento da  calidade do servizo
  7. Control por laboratorio independente  da  calidade alimentaria mediante a realización de análise periódica de mostras de produción.
  8. Elaboración inclusive de menús personalizados para casos con necesidade es nutricionais específicas para o que se establece un protocolo que, caso de ser contratada la empresa, será xuntado á proposta de contrato.

O control de temperaturas en todo o momento pero sobre todo no transporte e na entrega son os elementos clave e o grande reto desta liña. O departamento de loxística e distribución da empresa é o responsábel de garantir o cumprimento deste importante reto. Conta cos medios de transporte idóneos, colectores isotermo e vehículos acondicionados, e fai un especial fincapé na alta cualificación formativa do persoal de transporte. Finalmente a perfecta hixienización diaria destes elementos de transporte é un aspecto permanente controlado polo departamento de calidade.