Freire Chico sl, ha sido beneficiaria del Fondo Europeo de Desarrollo Regional cuyo objetivo es mejorar el uso y la calidad de las tecnologías de la información y de las comunicaciones y el acceso a las mismas y gracias al que ha implementado soluciones de gestión integral en su ERP, para la mejora de competitividad y productividad de la empresa. La acción se realizó en 2022. Para ello ha contado con el apoyo del programa TIC CAMARAS de la Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
Una manera de hacer Europa
  
 

     

      

     

    Airas Nunes clérigo de Santiago, foi un trovador, compositor e escritor que naceu e viviu na Compostela do século XIII. A súa actividade poética céntrase na segunda metade do citado século e pasou por ser un dos poetas máis ilustres da lírica  galego portuguesa, tanto polo número como pola calidade das súas composicións.

     

    A escolla do seu nome para o noso local, como no seu día o foi o de Joam Airas, pretenden ser un convite para recuperar, da memoria histórica  desta milenaria cidade, que, na altura,  era recoñecida como crisol de culturas, o seu esplendor personificado en figuras como a de Airas Nunes entre outros, de quen se considera que participou na composición das cantigas do rei Alfonso X.

     

    Portanto, a actividade cultural contínua é un elemento fulcral da oferta do noso estabelecemento, concretada en multitude de charlas e coloquios, exposicións de artes plásticas, música ao vivo, presentacións de libros, curtametraxes, debates... porque este tipo de espazos, os cafés, son para nós, ante todo, pontos de econtro, lugares para o diálogo ao redor dun café ou dunha saborosa tarta caseira, sinal de identidade da oferta culinaria propiamente dita.

     

    Son xa 24 anos de historia os que comtemplan esta iniciativa na que se teñen dado cita entre outras personalidades, o doutor e arquitecto Álvaro Siza, o premio Nobel José Saramago, o pintor Laxeiro..., teñen actuado músicos como Nani García, Xosé Manuel Budiño ou Norge Batista entre outros moitos, e presentado os seus libros costume cosplay pas cher os escritores Suso de toro, Manuel Portas ou Manuel Rivas... tamén entre moitos outros.

     

     

    O Airas Nunes café, abre as súas portas o 3 de Decembro de 1993, no edificio que foi vivenda da familia Freire Chico, propietaria do estabelecemento. Desde o comezo da súa actividade a elaboración de docería caseira foi o elemento distintivo da súa oferta culinaria. As tartas, de chocolate, queixo, mousse, améndoa, turrón, café, etc, saídas da man, da feitura, agarimo e bo facer de Alcira Chico, xunto,  por suposto, coas famosas tortitas, fixeron que non  poucos  estudantes da universidade de Santiago da década dos 90 e 2000 lembren as súas carreiras asociadas a este benefactor presente para o paladar.

    No ano 1997 procedeuse á abertura dos seus andares altos que tiveron como destino dúas salas, a de "Amigo" e de "Escarnho e Maldizer". A primeira dedicada a restaurante e a segunda á sala para actividades culturais, fundamentalmente charlas, conferencias e tertulias. 

     

     

     

         

     

     

     

     

     

             

     

    Esta actividade mantívose inalterada até a reforma do ano 2004 mediante a  que se cobre o patio posterior do andar de baixo cunha estrutura acristalada e móbil, pásanse as cociñas ao fondo desta localización e  destínanse andares altos a uso hoteleiro, desvinculándose esta última actividade da do café e sendo rexentada a actividade hoteleira por unha empresa distinta.

    Finalmente no ano 2013, acométese unha nova reforma, que se acompaña dunha posta en valor da oferta orixinal, revitalizando e potenciando a cualidade e variedade das nosas tartas caseiras fake taschen kaufen  e outros elementos de elaboración propia. Esa actividade, que recupera a esencia mesma da oferta en sentido amplo, produtos e ambiente, responde a unha nova etapa, a de retornar o noso café ás súas esencias.

       

    orologi replica italia

      

    Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información Cerrar