Trátase do servizo de xestión integral do proceso de elaboración de comidas nas instalacións do noso cliente. Este servizo inclúe as seguintes tarefas:
- Planificación e deseño dos menús diarios polo departamento de nutrición
- Achega de persoal cualificado para as funcións contratadas
- Xestión do aprovisionamento de materias primas
- Limpeza das instalacións obxecto do contrato e hixienización de útiles de traballo
- Control e seguimento da calidade do servizo
- Control por laboratorio independente da calidade alimentaria mediante a realización de análise periódica de mostras de produción.
- Elaboración inclusive, de menús personalizados para casos con necesidades nutricionais específicas para o que se establece un protocolo que, caso de ser contratada a empresa, se xuntaría á proposta de contrato.
Nesta liña de negocio Airas Cátering goza dunha ampla experiencia como o avala o feito de ser concesionaria desde o ano 2009 de Escolas Infantís pertencentes á rede “A Galiña Azul”, dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e xestionar na actualidade a totalidade da Rede de Escolas Infantís de Galicia con 97 destes centros, baixo a nosa responsabilidade.