Trátase do servizo de xestión integral do proceso de elaboración de comidas nas nosas cociñas centrais e a entrega posterior nas instalacións do o noso cliente. Este servizo inclúe as seguintes tarefas:
- Planificación e deseño dos menús diarios polo departamento de nutrición
- Xestión do aprovisionamento de materias primas
- Elaboración diaria dos menús en liña quente nas nosas cociñas centrais
- Transporte de menús en colectores isotérmicos e vehículos aptos para o transporte alimentario até o punto de entrega definido polo cliente e cumprimento exhaustivo do definido pola lei vixente nesta materia, (entrega con temperatura superior a 65º, hixienización de vehículos, trazabilidade)
- Etiquetaxe de menús de acordo co protocolo de APPCC e sistema de calidade da empresa garantindo en todo momento a perfecta trazabilidade do produto elaborado.
- Control e seguimento da calidade do servizo
- Control por laboratorio independente da calidade alimentaria mediante a realización de análise periódica de mostras de produción.
- Elaboración inclusive de menús personalizados para casos con necesidade es nutricionais específicas para o que se establece un protocolo que, caso de ser contratada la empresa, será xuntado á proposta de contrato.
O control de temperaturas en todo o momento pero sobre todo no transporte e na entrega son os elementos clave e o grande reto desta liña. O departamento de loxística e distribución da empresa é o responsábel de garantir o cumprimento deste importante reto. Conta cos medios de transporte idóneos, colectores isotermo e vehículos acondicionados, e fai un especial fincapé na alta cualificación formativa do persoal de transporte. Finalmente a perfecta hixienización diaria destes elementos de transporte é un aspecto permanente controlado polo departamento de calidade.