Freire Chico sl, ha sido beneficiaria del Fondo Europeo de Desarrollo Regional cuyo objetivo es mejorar el uso y la calidad de las tecnologías de la información y de las comunicaciones y el acceso a las mismas y gracias al que ha implementado soluciones de gestión integral en su ERP, para la mejora de competitividad y productividad de la empresa. La acción se realizó en 2022. Para ello ha contado con el apoyo del programa TIC CAMARAS de la Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
Una manera de hacer Europa
  
 
 
 

 Esta liña de traballo é, se cadra, a que maior crecemento ten experimentado desde o seu lanzamento. Consiste na  elaboración de pratos en liña quente, segundo o método tradicional e que son posteriormente sometidos a un proceso de abatemento, provocando unha rápida inversión térmica até alcanzar unha temperatura de entre 0ºC e 5ºC , temperatura que se mantén inalterada, até o  momento do proceso de rexeneración previo ao  seu consumo por parte do cliente.

A partir de aquí, o proceso  divídese en dúas subliñas:

  • Liña fría refrixerada
  • Liña fría con envasado en atmosfera protectora.

 Cátering refrixerado

 Ademais do proceso común  coa outra subliña exposta, este  sistema de produción de alimentos aplica o sistema de envasado ao baldeiro. Con iso, e dada a ausencia de atmosfera, favorécese a prolongación  da vida útil do produto elaborado  de forma natural, sen  adicción de ningún tipo de conservantes. A vida útil  establécese mediante probas de laboratorio en 5 días.

Este tipo de servizo é apto para comedores escolares, centros de día, comedores de empresa, e demais colectividades en que, polas  necesidades  do cliente o sistema de distribución e reparto debe de adaptarse ás condicións de menor frecuencia e limitación de espazo para o seu consumo . 

 

Cátering envasado en atmósfera protectora.

 Como foi explicado, o proceso até o momento do envasado cartier replica é  común para estas dúas subliñas de produto. Para o caso da atmosfera protectora,  ao  produto  envasado ao vacío introdúceselle  unha atmosfera modificada   que permite que a súa caducidade supere na  actualidade   os 15 días sen perder un ápice das súas condicións organolépticas e de calidade alimentaria.  O noso departamento de investigación e desenvolvemento está traballando na posibilidade de  caducidades superiores aos 18 días.

 

Ideal para todo tipo de colectividades.

Esta liña  de negocio é  a que  na  actualidade  se está  executando  na totalidade da Rede de  Centros de día do organismo  “Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar”, do que a nosa empresa é adxudicataria, e goza dun  altísimo grao de satisfacción por parte dos usuarios e usuarias do servizo, así como do propio persoal dos  centros tanto pola súa calidade como pola súa comodidade á hora da súa manipulación. 

  

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información Cerrar