Entendemos a actividade dos nosos comedores escolares, como unha prolongación do traballo educativo desenvolvido nas aulas. Neste sentido concebimos a formación dos nosos profisionais como un piar fundamental para poder desenvolver o seu traballo con solvencia. Creamos así a figura do educador/a de comedor, profisional que recibe cada ano unha formación específica, modular, que o capacita e lle aporta ferramentas para conseguir os obxectivos que Airas Cátering se marca nestos espazos. Educar nos tempos libres, traballar aspectos como o respeto polos demáis, o traballo en equipa, por medio de xogos de patio, labores como a recollida das mesas, formar en hábitos saudables e de hixiene e básicos como o cepillado de dentes, pero tamén en bos hábitos sociais, estimular a imaxinación e as dinámicas de grupos, xunto coa descuberta da importancia da boa alimentación orologi replica e a participación activa de alumnos e alumnas nestas labores, son algúns dos contidos que os nosos profisionais executan cada curso escolar.